Incendio sen feridos nunha habitación da capital brionesa

Incendio
M. Outeiro
Rúa Tarrío da capital brionesa, onde sofocaron as lapas que calcinaron unha habitación. Foto: MG

Bombeiros de Santa Comba, GES de Brión, 061 e axentes da Garda Civil e da Policía Local acudiron a un incendio sen danos persoais declarado nunha vivenda da rúa Tarrío (o ático do número 13), nos lindes da capital brionesa. Foi ás 12.30 horas deste martes, e segundo confirmaron, ardeu unha habitación desa casa con material de oficina.