Indignación ó eliminar a liña de autobús entre Ortoño e Santiago

Os veciños únense para pedir unha cita co alcalde de Ames, ó que acusan de non defendelos
Transporte metropolitano
ana pérezAmes
Un autobús nunha das paradas do municipio amesán. Foto: C. Ames

Onte entraron en vigor as novas liñas de transporte metropolitano, que afectan moi negativamente a numerosas aldeas das parroquias amienses de Biduido, Bugallido e Ortoño, xa que quedaron sin o autobús que cubre desde hai 50 anos o servizo de Santiago a Ortoño e viceversa.

Por decisión unilateral do Concello de Santiago, o traxecto da liña P2 que sae da estación de autobuses detense agora no Casal de Laraño cando antes iba a Ortoño.

Esta decisión, da que en Ames non se informou ós veciños que onte se atoparon coa desagradable sorpresa, deixa a Fraiz, A Moniña, Costoia, Framil, Quistiláns, Barreiro, Outeiro, Maguxe, Mourigade, Buceleiras, Guimaráns, O Santo e Ortoño sen apenas conexión directa coa capital galega. Son 1.630 habitantes que antes dispoñían de dez autobuses a diario e sete os sábados e domingos e agotra terán que conformarse co bus que ven de Extramundi, e que nas aldeas polas que pasa, que non son todas, supón unha reducción do 66%.

Ademáis, esta liña de Extramundi non se achega ó centro de Santiago e as súas frecuencias son escasas o que dificulta acudir a traballar, a estudar, a unha cita médica ou a mercar a Santiago.

As asociacións veciñais de Ortoño, Bugallido e Biduido mantiveron onte contactos para solicitar unha reunión urxente co alcalde xa que consideran que o Concello de Ames non fixo intento algún por manter o servizo e nin siquera tivo a consideración de informar ós veciños.

Outros afectados, despois de amosar a súa sorpresa e indignación, non rexeitan a posibilidade de poñer en marcha accións de protesta ata recuperar as frecuencias e as paradas que existían xa que non é unha solución ampliar a comunicación co Milladoiro ou Bertamiráns.

Manuel Casal, do colectivo Ames Pospetróleo, pregúntase porque o Concello de Ames non defendeu a continuidade deste liña ou porque non propuxo ampliar a liña de Rois, poñer unha lanzadeira ata Casal ou unir Bertamiráns con Compostela pasando polas aldeas.