Informarán do comercio e a banca electrónica aos consumidores de balde

Consumo
M. Outeiro
Acceso a unha das sedes de Ucgal (hai outra na rúa Viorneira 6) no Pazo da Peregrina. Foto: CA

Ames. A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir unha charla sobre comercio electrónico, banca electrónica e as súas garantías o vindeiro mércores, 2 de novembro, ás 20.00 horas. A conferencia impartirase no salón de plenos da casa do concello. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Ucgal en forma de convenio de colaboración. O contido da devandita xornada desenvólvese arredor das compras por Internet en Galicia; o proceso de compra online e maila simulación de compra en diferentes plataformas. Ademais, tocaranse temas como a persoa consumidora e os seus dereitos no comercio electrónico e a compra entre particulares: Vibbo, Wallapop, Ebay, Milanuncios. Outros temas a abordar serán as obrigas e dereitos; recoñecer as prácticas fraudulentas online e como reclamar. M. Outeiro