Investimento millonario en luminarias con LED

Eficiencia energética
M. Outeiro
Á dereita da imaxe aprécianse algunhas das actuais luminarias no rural amesán. Foto: CA

A MAÍA. O tripartito de Ames aprobou en xunta de goberno o expediente de licitación das obras de instalación e montaxe dos elementos descritos no proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do rural. O importe total da licitación é de 1.230.667 euros (con IVE), que van ser cofinanciados polo programa operativo FEDER de crecemento sostible e polo Concello de Ames.

As parroquias de Agrón, Ameixenda, Ames, Bugallido, Biduído, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Transmonte son as grandes beneficiadas por unhas obras que inclúen a substitución do alumeado das once parroquias amienses por luces LED, o cambio de parte do cableado actual e a substitución de postes da luz.

A actuación forma parte do proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do rural no Concello de Ames e que vai ser cofinanciado ao 80 % polo programa operativo FEDER de crecemento sostible e ao 20 % polo Concello. m. outeiro