Leis, Castro e Blanco fixeron as mellores fotos no certame Enfoca de XEA

Concurso
M.M.
´Paxaros’, de Pablo Blanco. Foto: Blanco

A Maía. Xa se coñecen as fotos gañadoras e accésits da segunda edición do concurso Enfoca Ames convocado pola patronal XEA e Concello, con 100, 50 e 25 euros para os tres primeiros clasificados.

Na categoría paisaxe, o primeiro premio foi para Montserrat Leis Fernández coa foto Remuíño de Paz. O segundo premio recaeu en José Luís Gigirey González coa obra Brétemas no Val da Maía, mentres que o terceiro premio foi para Asier Lusarreta Lizarazu coa instantánea Corrente Perenne.

Na sección Macro o primeiro galardón recaeu en Beatriz Castro Cantón coa obra Mundo Amarelo. O segundo premio recibiuno María del Carmen Fernández Villaverde coa fotografía Sorriso arácnido, e o terceiro premio foi para Ainhoa Conde Castro pola foto Estalotes polo San Xoán. E por último, na categoría artística, o primeiro galardón foi para Pablo Blanco Teijeiro coa instantánea Paxaros; o segundo para María Cristina Valdés Ferreiro pola obra Candado de Amor, e o terceiro recoñecemento foi para Ainhoa Conde Castro coa fotografía Vagamundo en AugaPesada. M.M.