López Silva presentará a súa obra ‘O libro da Filla’

Acto literario
M. Manteiga
Inma López Silva vai presentar a súa obra ‘O libro da filla’ en Ames o mércores. Foto: Lopez S.

A Maía. Continúan en marzo os encontros literarios do departamento de Bibliotecas, nesta ocasión con Inma López Silva e a súa novela O libro da filla, Premio da Asociación de Críticos Literarios 2020. A presentación terá lugar este mércores, no Pazo da Peregrina ás 20.30 horas.

O libro da filla, publicado por Editorial Galaxia e Lumen a comezos de 2020, é un thriller protagonizado por Helena Sánchez, unha prestixiosa xornalista que acepta elaborar unha reportaxe sobre o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla.

A autora será presentada polo profesor, autor e crítico literario Xosé Antón López Silva, e acompañada pola concelleira de Cultura, Natividade González. O evento, con entrada libre ata completar aforo, é parte da programación do 8M do Concello de Ames. Con este terceiro encontro literario neste mes, as bibliotecas de Ames pechan unha serie promovida co gallo da conmemoración do 8M. M. Manteiga