Los Jinetes del Trópico e o grupo Tinta actúan nas Festas da Peregrina

Festas
M. Outeiro
Compoñentes do grupo Los Jinetes del Trópico. Foto: LJDT

Ames. O AmesON de verán continúa en agosto e engade as súas actuacións ao cartel de Ames en Festas, que inclúe todas as propostas das celebracións da Madalena, do Milladoiro, e da Peregrina, de Bertamiráns, ata o 14 de agosto. E faino con dous novos concertos de Los Jinetes del Trópico e Tinta este mesmo sábado e tamén o domingo.

Deste xeito, e despois de contar en xullo con Eva e Camilo, Ruth Cundíns e Habana Café Son e, en agosto coa actuación de Cé Orquestra Pantasma e Marifaltri o AmesON prepárase para desenvolver dous novos concertos, que terán lugar no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Jinetes del Trópico actuará este sábado 13 de agosto ás 21.00 horas. Ao seguinte, domingo 14, ás 21.00 horas será a quenda do grupo Tinta. Los Jinetes del Trópico é un grupo monfortino formado por Antonio García, Xan Pérez e Fernando Estévez. Nace en 2015 e caracterízase pola fusión dos ritmos latinos coa música tradicional galega. Tinta é un conxunto vigués formado por Marta, Martín, Luli e Juan, e acadou o recoñecemento como mellor banda novel de Vigo e prepara disco.

Pola súa banda, a comisión de festas da Peregrina ofrecerá, ademais, as actuacións da orquestra Finisterre e da disco móbil Eme Music, o sábado ás 23.00 horas no campo da festa da Peregrina, mentras que o domingo haberá sesión vermú do grupo Estudio, ás 14.00 horas alí, repetindo a partir das 23.00 horas en verbena xunto coa disco móbil Impacto M. Outeiro