Magosto en Bugallido con música e 40 kg de castañas

Magosto
M.M.
O grupo Os Enxebres de San Lázaro será un dos encargados de animar o magosto. Foto: ESL

Ames. A Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido organiza un magosto no campo da festa este sábado, 20 de novembro, a partir das 18.00 horas.

Actuarán os grupos Airiños do Paseo de Colón, Os Enxebres de San Lázaro e a charanga e as pandeireteiras da Pontevella. O fin de festa virá da man de Biribirloke. Ao longo da tarde os asistentes poderán degustar o cobizado froito do outono, xa que está previsto que se asen 40 quilos de castañas. Dende a asociación queren convidar a todo o mundo a achegarse a Bugallido “para gozar dunha festa que agardamos sexa a primeira de moitas”, apuntaban. Trátase dunha entidade que se constituiu en 1977, o que a converte nunha das máis antigas de Galicia. A nova directiva traballa, dende o mes de maio, para devolverlle a esta parroquia a sona que tiña antano, converterse no motor cultural da localidade e retomar a unión da veciñanza, salientan desde a presidencia da AA VV. m.m.