Máis de 400 nenos na Escola de Verán amesá

Campamentos
Claudina Estévez
Un dos xogos da Escola de Verán. Foto: C.A.

AMES. O pasado venres, 1 de xullo, comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo, 330 nenos e nenas están participando neste programa de conciliación que pretende ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames no período estival. A temática das actividades durante a primeira quincena de xullo é O noso contorno: os contornos naturais e humanos máis próximos. Ao longo do verán, está previsto que 403 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto.

Ao abeiro desta iniciativa, a cativada participa en diversos xogos e exercicios, a través dos que se busca que aprendan a valorar e gozar da actividade física e o respecto pola contorna, sempre dende o punto de vista lúdico e creativo. É dicir, foméntase a convivencia, tolerancia e integración. C.E.