Máis de 9.000 persoas seguiron a gala da Panorama e a dos catro reiseñores

Actuación
M.M.
Unha vista do público asistente á actuación da Panorama no Milladoiro. Foto: CDA

A Maía. O AmesON de verán despediu a tempada 2022 con catro horas de espectáculo nas que primeiro actuaron os gañadores do concurso Canta con Ames –os reiseñores Adriana Vigo, María Iglesias, Montse Angueira e José Rey– e a continuación a orquestra Panorama ofreceu un gran espectáculo de tres horas.

Dende a organización contabilizaron que máis de 9.000 persoas asistiron o domingo no Milladoiro ao concerto da Panorama ao abeiro dun programa estival composto por 13 actuacións musicais dirixidas a adultos e nenos. O alcalde adiantou que a orquestra Panorama volverá actuar en Ames o vindeiro ano dentro da programación do Ames en Festas 2023. Neste 2022 as actuacións repartíronse polas dúas urbes maiás.

Por outra banda, as comisións de festas de Bertamiráns e do Milladoiro, en colaboración con XEA, dispuxeron dunha cantina compartida para recadar fondos para organizar o programa do Ames en Festas de 2023. Esta iniciativa foi éxito, xa que se esgotaron todas as existencias que tiñan, polo que se mostraron moi satisfeitos polos fondos recadados. M.M.