Máis Encontros Literarios dende o Pazo da Peregrina este mércores e o xoves

Literatura galega
M. Outeiro
Presentación dos Encontros con Natividade González e o técnico Xoán M. Pérez. Foto: CA

Ames. Volven os encontros Literarios ata o Pazo da Peregrina con dúas postas de longo, da man das bibliotecas municipais e ca presentación da edil de Cultura, Natividade González. A primeira chegará este mércores, ás 20.00 horas, con Patricia de Lorenzo e Chévere: trinta e cinco anos de axitación cultural, que edita Kalandraka. E xa o xoves, tamén a esa hora, turno para o libro de Alfonso Pexegueiro Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes, editado por Lumbría. O autor estará acompañado polo tamén escritor Alfredo Conde e a violinista Estrela Gómez Viñas. Trátase dunha obra escrita para ler amodo e volver a ler unha e outra vez, e na que Pexegueiro deleita coa su experiencia vital a través dun maxistral conto, con música incluída. A entrada para asistir a estes Encontros literarios é libre ata completar aforo. M.Outeiro