Mamá Cabra actuará este xoves no programa Apego

Actuación
M. Outeiro
Unha actuación do grupo Mamá Cabra, que estará o xoves no Pazo da Peregrina. Foto: MC

Ames. O programa Apego volve a Ames para a normalización lingüística e o lecer en galego cun obradoiro de arrolos co grupo de música infantil Mamá Cabra. Nesta actividade Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretarán e ensinarán cantos de berce cos que adormecer, aleitar, tranquilizar e gozar da música e da lingua nos primeiros días e meses de vida. O taller, dirixido a familias con nenos de 0 a 3 anos, desenvolverase o xoves 6 de outubro ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. E para participar, cómpre inscribirse (o prazo remata este mércores 5 de outubro), enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos cativos.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil galego con máis de 20 anos de traxectoria, que conta con múltiples libro-discos publicados e cun amplo historial de actuacións e espectáculos. M.O.