Manifestación en Barcala polo rural

Manifestación
ECG
A manifestación nas proximidades da carballeira de Ceilán, na Baña. Foto: VC

Aínda que a choiva desluciu e restou afluencia á manifestación contra os parques eólicos na Baña, más dun cento de veciños, co rexedor local e o de Negreira á fronte (e sen esquencer a presencia dos deputados Socialistas, Martín Seco e Noa Diaz), percorreron o tramo entre a carballeira de Ceilán e a rotonda sobre a variante. Foi convocada polo colectivo Rede Galega por un rural vivo, e rexeita os cinco aeroxeradores previstos no parque local de Troitomil pola súa envergadura e a relativa proximidade aos núcleos, no caso barcaleseiro, pero tamén outros na bisbarra. O lema da iniciativa foi Por culpa do capital, bótannos do rural.