Maxia e humor na vila boqueixonesa

Espectáculos
Claudina Estévez
Un momento de ‘Galicia ilusiona coa maxia’. Foto: C. Boqueixón

BOQUEIXÓN. Máis de sesenta persoas desfrutaron nas instalacións do Forte, en Boqueixón, do espectáculo Galicia ilusiona coa maxia, de Pedro Bugarín. A rapazada foi protagonista dos distintos trucos do mago. É unha iniciativa que organizou o Concello no marco de Ler conta moito, da Xunta. C.E.