Medio cento de persoas viron en Boqueixón o espectáculo ‘Pallaso total’

Niños
El Correo Gallego
Un momento do espectáculo Pallaso total na carballeira de Rodiño. Foto: C. Boqueixón

BOQUEIXÓN. O espectáculo Pallaso total, enmarcado no ciclo de teatro infantil Escena Pequena, posto en marcha polo Concello de Boqueixón, logrou reunir a medio cento de persoas a fin de semana na carballeira de Rodiño. Pequenos e maiores desfrutaron con este espectáculo de Duende Circo, onde os malabares con lume foron os grandes protagonistas. A última sesión desta proposta está prevista para o vindeiro domingo, día 18. Neste caso a cita será co espectáculo dos Monicreques de Kukas Xan Perillán, compra queixo, compra pan. Trátase dunha obra, que segundo din os organizadores, mestura clown e a pantomima coa maxia dos monicreques. A asistencia é de balde e os interesados deberán solicitar a súa entrada no departamento de Cultura (ben no enderezo cultura@boqueixon.com ou no número de teléfono 981 513 115). A. P.