Medio cento de traballos optan ó Lorenzo Baleirón

Poesía
ARCA
O Concello de Dodro

dodro. O xurado do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro, reúnese este sábado 19, para valorar e decidir a obra gañadora do certame. Neste acto, que se celebrará ás 10.30 horas na casa da cultura de Dodro, as escritoras, Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Baceiredo, elixirán o poemario gañador entre os 51 traballos candidatos. Participarán na reunión, ademais, o alcalde, Francisco Xabier Castro Tourís, como presidente do tribunal; Xoán Xosé Vicente Franco, concelleiro de Cultura, como secretario, e a poeta Elvira Ribeiro Tobío en calidade de coordinadora. Logo do fallo, o xurado e o goberno municipal, familiares e amigos do poeta, Eusebio Lorenzo Baleirón celebrarán unha sentida homenaxe ao autor no cemiterio de Laíño. O acto oficial de entrega terá lugar o día 10 de decembro, no CPI de Dodro. A persoa gañadora recibirá 2.500 € e a obra galardoada será publicada. arca