Melide vén de integrarse na rede de Destinos Turísticos Intelixentes

Turismo
ARCA
Etapa do Camiño desde Palas ata Melide

MELIDE. O Concello de Melide vén de sumarse á rede de Destinos Turísticos Intelixentes, ao igual que os concellos galegos polos que discorre o Camiño Francés.

A incorporación levouse a cabo trala reunión da Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, celebrada en Madrid, na que se aprobou a inclusión de 42 novos destinos, segundo a información facilitada polo Concello.

Segundo explican as fontes, a cooperación público-privada, novas tecnoloxías, gobernanza, sustentabilidade e accesibilidade son os cinco eixos sobre os que xiran esta rede . O seu obxectivo , indican, non é outro que “impulsar un desenvolvemento sostible do turismo, a transformación dixital dos destinos e mellorar as condicións de vida da poboación de cada un dos concellos membros”, conclúen os promotores da rede. arca