Mellora integral no centro sociocultural de Codeso

Obras
C.G.
Anxo M. Lorenzo (4º esq.) xunto a O. Rodeiro (3º esq.) e M. Fernández (5º esq.). Foto: Xunta

BOQUEIXÓN. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou este martes o centro sociocultural de Codeso en Boqueixón, onde se acaban de acometer obras de mellora co apoio da Xunta, que contaron cun investimento de 500.000 € e beneficiaron a 40 espazos. Como dixo, trátase dunha medida coa que a Xunta impulsa a modernización dos espazos culturais, adaptándoos ás necesidades que require o desenvolvemento dunha oferta estable, diversa e de calidade nas zonas urbanas e rurais. En Boqueixón aportou 22.564 euros. C.G.