Melloras para o comercio bañés ca patronal e Abanca

Comercio local
M. Outeiro
Rafael Vieito, presidente da nova patronal bañesa, ca directora Cristina Serramito. Foto: AE

A BAÑA. Abanca e a nova asociación de empresarios bañesa veñen de asinar un acordo financeiro de colaboración que achegará aos negocios locais condicións especiais nos servizos bancarios que lles permitan levar a cabo a súa actividade produtiva. O presidente da patronal A Baña Emprende, Rafael Vieito, e a directora de oficina local, Cristina Serramito, acordaron a posta a disposición dunha serie de servizos e produtos financeiros que permitirán dar resposta ás necesidades das empresas, coma préstamos hipotecarios e leasing dirixidos aos investimentos, que contan con amplos prazos para a súa amortización, posibilidade de carencias e xuros competitivos; condicións especiais en pólizas de crédito, anticipos, avais, confirming ou liñas de desconto comercial; liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO; unha oferta mellorada para a contratación de TPV físico e virtual e as vantaxes do Programa Cero Comisións. m. outeiro