Mercado labrego brionés Daquí Darredor este venres pola tarde en Monte Balado

Mercado
M. Outeiro
Imaxe de arquivo do mercado Daquí Darredor en Brión. Foto: DD

Brión. Daquí Darredor, o mercado labrego de Brión, celébrase o primeiro e terceiro venres de cada mes na planta superior do centro comercial Monte Balado de Os Ánxeles, entre as 17.00 e 21.00 horas. E faino, ademais, ofrecendo actividades paralelas, como obradoiros, nesta edición de inverno.

Nesta nova andaina, Daquí Darredor achegará os produtos da horta, frescos ou transformados, pero tamén artesanía e gastronomía, e sempre sen esquencer a reutilización, con postos de segunda man. Na edición prevista para este venres 3 de decembro, inclúen ademais un taller dirixido a adultos que, dende as 19.00 horas, aprenderá aos interesados a fabricar xabrón artesanal. Ten só unha ducia de prazas, polo que os interesados poden optar por persoarse no mercado se non reservaron antes no whatsapp 633 122 772, ou ben a través do email (daquidarredor@gmail.com).

Esta iniciativa está vinculada ao proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros, o coworking que está promovido polo Concello de Brión, a Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. M. Outeiro