Mónica González deixa a súa acta na Baña para presentarse polo Bloque

Elecciones municipales
M.M.
A edil Mónica González, que se vai presentar encabezando a lista do BNG da Baña para as vindeiras eleccións. Foto: PS

Mónica González vai ser a candidata do BNG da Baña nas vindeiras eleccións municipais, segundo confirmaba a concelleira non adscrita, antes do PSOE. E, ao fío, ten intención de deixar a súa acta de edil no vindeiro pleno “por coherencia”, ao tempo que o PSOE volverá así a sumar catro persoas no grupo.

Segundo González, a súa designación foi “por unanimidad” por parte da asamblea nacionalista local, e a outra muller que ia encabezar a lista decidiu cederlle o posto pola proxección e experiencia que atesoura a nova candidata, aínda que tamén continuará no BNG.

“Non considerei ético seguir na Corporación porque elexíronme por outra candidatura, a socialista, e agora preséntome por outra”, apuntaba Mónica González, que ten entre as súas prioridades “visitar todas as parroquias para coñecer as súas necesidades, ademais de “recuperar cando menos os dous concelleiros que tivo o BNG”