Mostra de creacións do Nadal en Boqueixón

Exposición
M. Boo

boqueixón. Os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Boqueixón son os protagonistas dunha exposición de traballos creativos de Nadal, que poderá desfrutarse na entrada da casa consistorial en horario de 08.00 a 15.00 horas, ata finais de ano. Trátase da primeira ocasión na que estes artistas dan a coñecer o seu traballo, realizado en colaboración coas súas familias e co persoal auxiliar do SAF Boqueixón. A exposición inclúe toda clase de adornos de Nadal: tarxetas de felicitación (debuxadas e con decoración exterior), centros florais, coroas de Nadal, árbores de Nadal (de papel, con piñas, con poliespán, con corchos de botella...), trens de xoguete, bolas de neve, trineos de papel ou figuriñas con piñas. Os citados traballos levan o nome da persoa que os elaborou e unhas fotos do proceso de elaboración. Esta primeira Mostra de traballos creativos de Nadal, que está organizada polo Concello e Atendo, está enmarcada no Programa de Estimulación Cognitiva. m. b.