Mozambique agradece o respaldo da rapazada de Teo ás súas necesidades

Donación
O.D. Vilar
Nenos da localidade de Massaca, en Mozambique, agradecen as doazóns de Teo. Foto: CDT

tEo. Os Servizos Sociais de Teo informan de que os 708 euros que recaudaron os rapaces do Consello Local da Infancia e Adolescencia foron destinados ao Programa de acceso a servizos básicos de saúde e saneamento para a poboación da Unidade Sanitária de Massaca en Mozambique, xestionado pola Fundaçao Encontro. Esta campaña organizouse arredor do Día mundial da
Saúde, 7 de abril, na que participaron distintos locais de Teo, e agora é a rapazada de Massaca a que quixo posar cos bens reunidos e agradecer aos teenses o seu apoio.

E sen saír dese consello da infancia, os seus representantes veñen de presentar e debatir propostas para mellorar as súas vidas, segundo o Concello. No remate, Nerea Iglesias entregou ao alcalde o Manifesto pola nosa terra, un conxunto de medidas para loitar contra o cambio climático. o.d. vilar