Mulleres dependentes de Boqueixón contan as súas ‘Historias de vida’

Dependencia
S. E.
Grupo de mulleres participantes cos acompañantes no acto

boqueixón. “As palabras lévaas o vento, pero o escrito queda”. Son palabras de Socorro, unha das mulleres que participa no programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón, e que resumen o obxectivo da actividade Historias de vida, levada a cabo co galo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Unha actividade na que cada unha destas mulleres recollen nuns carteis os aspectos máis importantes das súas vidas.

Historias que recollen a mulleres cheas de ensinanzas, fortes e decididas. Anuncia, Lucita, María, Mª Esther M, Esther S, Carmen e Socorro compartiron o resultado dos seus traballos coas súas familias nun acto, moi emotivo, que tivo lugar no local social de Vigo, no que se desenvolven as actividades do programa. O alcalde, Manuel Fernández, entregoulles unha fotografía do grupo como agasallo. S. E.