Murillo e Pita presentan novos libros na Peregrina

Presentación
M. Outeiro
Charo Pita, esquerda, e Margarita Murillo, dereita, presentan os seus libros. Foto: CP-MM

A Maía. O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. Estas actividades terán lugar este mércores 8 e o xoves 9, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, sempre a partir das 20.00 horas.

A primeira delas será Cuestión social: protocolo, boas maneiras e imaxe, da escritora e experta en protocolo social Margarita Murillo, que busca aproximarnos de xeito sinxelo a esta serie de hábitos e condutas. Por outra parte, o xoves será a quenda da escritora Charo Pita e da obra Retratos en branco e negro, unha serie de retratos fantasmais onde o cotián e o extraordinario se mesturan. Murillo é experta en protocolo e en organización de eventos, un sector no que traballa dende o ano 1999. Na actualidade, é a directora da consultora Galicia Protocolo, situada no Milladoiro, na que dirixe labores de consultoría, mentoría ou asesoría. m. Outeiro