Negreira celebra unha gran xuntanza con 400 maiores

Celebración
Manuel Boo

Negreira. O Concello de Negreira acolleu este sábado o XXV Encontro dos Maiores de Negreira, coa presenza de máis de 400 persoas nunha emotiva xornada tras dous anos de parón obrigado pola pandemia do coronavirus. O encontro comezou cunha misa na capela de Cotón, que deu paso a un xantar popular no campo da feira. A charanga Tíralle do aire e o dúo musical Entre Voces amenizaron a xornada. José Villar Rivero e Carmen María Suárez recibiron uns obsequios por ser as persoas de maior idade da festa. A tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, dirixiuse ós asistentes xa que o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, nun poido asistir por un problema de saúde. Na súa intervención agradeceu o comportamento dos maiores durante a pandemia do coronavirus “asumindo a necesidade de aplicar moitas restricións e limitacións á vosa vida diaria”. C. N.