Negreira lembrou a Manuel Cajaraville, mestre do folk

folclore
M.M.
Figueira, co micro, saúda aos participantes de Aturuxo, que dirixía Cajaraville. Foto: CN

A Barcala. Negreira celebrou un tributo á figura de Manuel Cajaraville Pensado. Este mestre folklórista nado na parroquia de Logrosa en 1926 foi unha das máis grandes figuras do baile tradicional galego, polo que tanto o Concello coma a Sociedade Cultural e Folklórica Veiga do Cotón de Negreira, quixeron brindarlle unha gran homenaxe póstuma en presencia da súa filla, Mª Elena, neta e bizneta, no que ía a ser o XXX Día da Muiñeira. E fixérona contando co seu grupo, Aturuxo, na capital de Barcala, a terra que viu nacer a Cajaraville. Ao acto, ademais do responsanle, Manuel Figueira, e membros de Veiga do Cotón acudiron a alcaldesa en funcións, María del Mar García Vidal; Flora Grille, concelleira de Cultura; Adolfo Barbosa, concelleiro do equipo de Goberno, e Luciana García, do PP. Debido ao mal tempo, as actuacións (tamén estaban as pandeireteiras Limagoia, Os Garuleiros e alumnos da Escola Municipal de Baile) foron no auditorio. M. Manteiga