Negreira vota a actualización tributaria e a pista deportiva

Pleno Concello
M. Outeiro
Imaxe de arquivo do avance do proxecto das pistas deportivas con Suárez, esquerda, Estévez, García Leis e Carballo. Foto: CDN

A Barcala. O pleno de Negreira abordará o vindeiro luns ás 21.00 horas a aprobación da Conta Xeral do orzamento 2020, e tamén a Comisión de Honras e Distincións do Concello de Negreira.

Logo viran cinco puntos nos que se van redondear algúns importes tributarios que levaban moito tempo sen se tocar, entre eles os incluídos na ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles; a que vai referida ó imposto sobre actividades económicas; a ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras; a da taxa por entrada e saída de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública e, por último, a aprobación provisional da modificación da ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

No punto noveno votarase a iniciativa emprendedora Concellos Doing Business Galicia, para seguir cunha modificación orzamentaria e transferencia de crédito. Posteriormente abordarase a segunda fase do POS+ adicional; acordo do PP e PSOE polos parques eólicos e o PP pedirá que constrúan o módulo de atletismo, dotar de videovixilancia ao parquin de camións e que se remodele o parque do Coto. m. outeiro