Novo Milladoiro sumará cen novos aparcamentos

Prazas de aparcamento
O.D. Vilar
Autoridades locais con técnicos e empresarios no novo espazo pra estacionar. Foto: CA

Ames. A partir da vindeira semana o parque empresarial do Milladoiro disporá de preto de cen novas prazas de estacionamento grazas a obra que vén de executar o Concello de Ames, e que foi sufragada con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2021. A través de dita actuación, incrementouse o número de prazas de aparcamento, pasando de 48 a 144, e ao mesmo tempo reordenouse o espazo, pero mantendo parte da zona verde. Dita actuación executouse na contorna das rúas Castiñeiras, Hedras, Oliveiras e Palmeiras. Ademais, dotouse de iluminación interior a ditos espazos e acondicionáronse as zonas axardinadas e sendas peonís. A actuación foi adxudicada á empresa Novavial SL por un importe de 141.023,26 euros e serán recepcionadas o próximo día 14 de novembro. Visitaron as obras o mandatario local xunto coa concelleira de Promoción Económica, a de Mobilidade e o presidente da patronal desta área empresarial. O.D. Vilar