Novo obradoiro de Mindfulness para poder enfrontar o presente e o estrés

Taller
M. Outeiro
Un obradoiro de Mindfulness desenvolvido para familias de Ames por Acougo. Foto: Acougo

A Maía. A concellería de Benestar Social e Promoción da Saúde de Ames organiza un obradoiro de xestión emocional a través da técnica Mindfulness. O taller, que xa se ofrecera a comezos de ano ao persoal do Concello, diríxese agora ao público xeral a partir dos 18 anos, cunha serie de 8 sesións que comezarán a vindeira semana (día 11).

A actividade estará impartida polo psicólogo e instrutor da técnica Juan Carlos Permuy, e realizarase os martes de 16.30 a 18.15 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Esta proposta conta con quince prazas, e as persoas interesadas poden inscribirse ata o día 5 de outubro, contactando a través do enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal.

O obradoiro de Mindfulness busca ofrecer ferramentas para enfrontarse ás situacións do día a día e mellorar na redución de estrés e ansiedade, na concentración e na memoria, focalizando a atención no presente. M. Outeiro