O AmesOn achegará a música dos anos oitenta e noventa ao Milladoiro

Música
Pedro Brea
Imaxe do grupo de versións dos anos 80 e 90, Samco, nunha actuación pasada. Foto: C.A

Ames. O AmesON, organizado pola concellería de Promoción Económica, continúa o xoves 29 de xullo co concerto de Samco. O cuarteto versiona clásicos dos 80 e 90 e temas actuais en clave de jazz, rock, pop ou bossa nova. O concerto celebrarase na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas. O Concello pon en marcha esta serie de actuacións para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Este será o sexto espectáculo do AmesON, dos trece que están programados. O grupo pretende sorprender á veciñanza amesá coa súa música de versións e co seu formato elegante. Samco está formado por Sandra Campos á voz, Juan Villavivencio no baixo e no contrabaixo, Save System nos teclados e Rober Vázquez á batería. A música do AmesON voltará o sábado día 31. pedro brea