O BNG pide melloras ferroviarias
e o cercanías

A portavoz de Padrón, Beatriz Rei, participou na presentación da campaña en Santiago
Ferrocarril
ARCA
Os representantes e cargos do BNG frente a estación de Santiago

Padrón. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a portavoz da mesma formación en Santiago, Goretti Sanmartín, presentaron a campaña da organización nacionalista para a mellora das infraestruturas e servizos ferroviarios na Galiza e na comarca de Compostela. Xunto a eles estaba Beatriz Rei, voceira do BNG no Concello de Padrón; Reyes Abad, da Plataforma de Usuarias do Ferrocarril da comarca, así como militantes e varios simpatizantes da organización

A fronte nacionalista demanda implantar un servizo de cercanías con traxectos específicos, frecuencias maiores e prezos menores, así como conexión ferroviaria en Santiago co resto de vilas e cidades do país para rematar coa discriminación histórica que, aseguran, sofre Galicia en materia ferroviaria.

“Conseguir que haxa unha articulación territorial por todo o País, que se recuperen as frecuencias e horarios que había antes da pandemia e, ao mesmo, conseguir un mellor servizo” salienta a voceira municipal do BNG de Santiago. Na actualidade, explicou Sanmartín, as frecuencias e horarios establecidas provocan que moitas persoas “acaben optando por outros medios de transporte ou pedindo reducións de xornada porque é imposíbel que cheguen a tempo”. arca