O ciclo Mestre Mateo vai traer este mércores o filme ‘Cuñados’ á capital

cinema galego
M. Outeiro
Os protagonistas de ‘Cuñados’, Xosé A. Touriñán, esqu., De Lira e Federico Pérez. Foto: PC

Ames. A concellaría de Cultura amesá retoma en setembro as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo coa película Cuñados, nominada na categoría de mellor longametraxe nos XX Premios Mestre Mateo. A comedia xira arredor dos esforzos de dous cuñados, Eduardo e Sabonis, para salvar a súa bodega familiar. Chegará o próximo mércores 14 de setembro, ás 20.00 horas, na casa da cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, xa se poden retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames. A historia de Cuñados protagonízana precisamente dous cuñados, Eduardo e Sabonis, que comparten un proxecto empresarial no que meten a zoca, o que os coloca nunha delicada situación económica. A solución para conseguir cartos atópaa Sabonis, quen decide secuestrar a Modesto, que é o cuñado da empresaria Alicia Zamora. M. Outeiro