O Concello de Teo ordena a Toysal o cese de actividade

Minería
M. Outeiro
Entorno da canteira de Casalonga, en Teo, onde se ordena o cese de actividade. Foto: Xurxo Buján

Teo. O Concello de Teo, mediante unha resolución da edil de Urbanismo, vén de remitirlle a Toysal o cese de actividade “de apertura dunha canteira, planta de trituración e ensilado, situada na Casalonga” pola suposta carencia “do correspondente título habilitante”. Así mesmo, incóase expediente de reposición da legalidade urbanística concedendo un prazo de quince días ao interesado para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos. Os técnicos lembran que a explotación Casalonga 6996 conta cunha licenza do ano 1978, suliñando o posible incumprimento dunha serie de condicionantes por ser actividade “molesta, insalubre e perigosa”. m.o.