O Concello quere acoller refuxiados de Afganistán

Refugiados
M. Manteiga
O técnico Leonardo Pena, dereita, nunha mostra amesá sobre cooperación. Foto: CDA

Ames. O Concello de Ames ofreceu a súa colaboración, en resposta ao chamamento feito pola Federación Galega de Municipios e Provincias, para pór a disposición deste organismo os recursos que poida ter para colaborar na acollida dos refuxiados de procedencia afgá.

Ao fío, hai que lembrar que o pleno da Corporación municipal aprobara o día 3 de setembro de 2015, a instancia da moción presentada polo grupo municipal Ames Novo, por maioría, declarar Ames Concello de Acollida. Xa en xuño de 2016, o Concello adheriuse á Rede Española de Acollida de Refuxiados.

Actualmente, viven no municipio familias e persoas de máis de medio cento de nacionalidades diferentes. Pola súa banda, a concellería de Benestar Social creou en 2007 o Servizo de Acollida ao Migrante (Sami), cun mediador intercultural, Leonardo Pena, e unha asesora xurídica en colaboración cos servizos sociocomunitarios. M. manteiga