O consello da infancia ten xa regulamento aprobado

Infancia
M. Manteiga
Parte dos rapaces que asistiron á constitución do consello sectorial da infancia amesá. Foto: CDA

Ames. Aínda que o cuarto Consello Sectorial de Nenas e Nenos de Ames constituíuse en novembro, coa asistencia de 44 do 45 rapaces convocados, non foi ata este días cando o Boletín Oficial da Provincia publicaba de xeito definitivo o regulamento, incluíndo novas aportacións.

Entre elas, solicitarase de Unicef o nomeamento dunha persoa en calidade de asesor permanente deste órgano, que preside o alcalde ou concelleiro que decida nomear. Ademais, poderán asistir ás súas sesións con voz, pero sen voto, aquelas persoas e/ou asociacións que sexan convidadas pola presidencia ou a requirimento do propio consello. Son nove os vogais de representación infantil, elixidos entre o alumnado dos centros escolares locais de entre 6 e 12 anos. E tamén formarán parte un representante de cada grupo político con representación municipal. En ámbolos dous casos, cada participante terá un suplente, e nunca será maior o número de políticos que de rapaces. M. Manteiga