O goberno de Teo desdí a Lemus e afirma que os ‘tronos’ de Armando están no municipio

Bienes muebles
M. Manteiga
As sillas que mercara o exalcalde de Teo Armando Blanco cando chegaron ao concello no ano 2001. foto: CG

O goberno de Anova en Teo vén de emendar a plana a que foi ata uns días a súa tenente de alcalde, a socialista Uxía Lemus. E fíxoo diante da información facilitada a este xornal asegurando que os sillóns que atopou a concelleira nunha viaxe ata a Borgoña francesa non son os vintetrés que mercara Armando Blanco, xa que están repartidos por varios locais teenses.

Segundo o goberno local, diante do salón de plenos actual pódense ver dous de xeito habitual. Dos vintetrés exemplares adquiridos 15 están no depósito do arquivo municipal xunto coas mesas. Hai tres que están nas dependencias da SR de San Xoán de Calo e tres máis no CC da Pontevelle en Reis. Tamén lembran que en Nadal é habitual que estes sillóns se usen para a tradicional cabalgata de Reis que facía paradas nos locais das asociacións.