O goberno local lanza un liña de Whatsapp para acercarse aos cidadáns

Comunicación municipal
Pedro Brea
A sede do Concello de Ames, coa que poden contactar os administrados para aportar ou queixarse. foto: CDA

ames. O Goberno municipal quere estar máis preto dos veciños e veciñas. Con este obxectivo lanza whatsAmes, unha liña directa de comunicación entre os veciños e o Concello amesá. A través do número 606 714 163 os habitantes poderán facer chegar as súas queixas, suxestións e consultas aos membros do Consistorio. O alcalde quixo dicir que “esta nova ferramenta de comunicación entre a veciñanza e a alcaldía pretende ser un elemento máis áxil e doado, xa que a maioría das persoas usan o whatsapp”, e ademais defendeu este novo servizo como “unha aplicación con moitas posibilidades porque permite achegar fotos, arquivos de texto ou incluso xeolocalizar calquera incidencia; polo que animo á cidadanía a gardar na súa axenda de contactos este novo número de teléfono”. Este está activo dende o mesmo día de hoxe . p.brea