O libro ‘Cielo/Hielo’ de Anaïs Églises preséntase na casa da cultura de Dodro

Libro
S. E.
Portada del libro de Anaïs Églises

Dodro. A casa da cultura de Dodro acolle este venres, 1 de abril, ás 20.00 horas, a presentación do libro Cielo/Hielo de Anaïs Églises, primeira obra poética de Ana Isabel Iglesias, autora emerxente de Laíño. Ana Isabel entrou en contacto coa poesía na infancia. A súa avoa recitaba versos e solicitaba a súa axuda para transcribilos e agasallalos, entre outras persoas, ao doutor que a coidaba das súas doenzas.

O interese pola lectura e a escrita vai medrando coa autora, quen se inicia na publicación nas redes sociais baixo o pseudónimo de Anaïs Églises. Na actualidade ten máis de 15 mil seguidores/as. Coa confianza do seu público e da editorial Círculo Rojo consegue ver publicado Cielo/Hielo”, unha obra poética, escrita en castelán, que contén tres partes: Cielo, na que a temática é o amor; Hielo, centrado no desamor e Vagalumes, palabra galega coa que se refire a aquelas persoas que son luz na súa vida. s. e.