O mercado labrego dos Tilos vai cumprir unha década con sorteos, música e títeres

Mercado
O.D. Vilar
O mercado do alimento labrego dos Tilos que celebra este sábado os seus dez anos. foto:

Teo. O Mercado do alimento labrego de Teo cumpre dez anos, e vaino a celebrar este sábado con actuacións, sorteos e unha proposta dos 4 munícipes que gobernan para que os outros 13 edís apoien nomear a praza dos Tilos onde se celebra como Praza do Mercado Labrego.

Hai que lembrar que no ano 2012 o Concello de Teo chegaba a un acordo co grupo promotor do Sindicato Labrego Galego para formalizar no contorno dos Tilos un mercado de venda directa de produtos labregos de tempada e dende entón realízase cada sábado pola mañá cunha decena de postos de venda.

Agora, o vindeiro 11 de xuño, terá lugar a festa polo décimo aniversario con música e actuación do grupo teense Títeres Cachirulo coa súa obra Cachimóbil: a cabeza do dragón, para o público xeral. E para a clientela sortearase cada hora unha cesta de produtos de tempada e dous sorteos dunha comida ou cea no Peteiros e Espiñas. O.D. Vilar