O Milladoiro énchese de peregrinos de orixe alemana

Peregrinos
Pedro Brea
Dúas peregrinas ao seu paso pola vila do Milladoiro. Foto: Concello de Ames

Ames. O Camiño de Santiago Portugués está comezando a retomar a súa actividade dentro das condicións que a pandemia da COVID obrigou a tomar a países de todo o mundo para intentar pór freo aos contaxios. A día de hoxe, O Milladoiro está recibindo moita menos cantidade de peregrinos do que lle correspondería nun ano calquera.

Un exemplo disto son os datos de ocupación do albergue da vila, xa que este en xuño do ano 2019 recibiu 812 personas e en xullo 1.000, mentres que no total do ano chegaron a acoller a unhas sete mil, aproximadamente.

Pola contra, neste contexto pandémico, nos meses fortes de xuño e xullo só aloxaron a 140 e 166 peregrinos respectivamente. Ademais, as nacionalidades dos mesmos variaron considarablemente, dado que non hai camiñantes orientais e case todos son centroeuropeos, alemáns e checos, ou españois, na maioría dos casos primeirizos no que significa facer o Camiño de Santiago Portugués. P Brea