O Nadal Lúdico será no colexio de Ventín para a rapazada do Milladoiro

programa Concilia
M.M.
Xornada lúdica da ANPA no colexio de Ventín, que acollerá o concilia Nadal Lúdico. Foto: ANPA

Ames. O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa de que unha vez finalizado o prazo de presentación para o concilia Nadal lúdico de 2022, a dirección da escola infantil do Milladoiro informou de que durante o período de Nadal vanse realizar obras no pavimento interior das instalacións que imposibilitan o seu uso, polo que non será posible desenvolvelo alí, tal e como estaba previsto inicialmente. Por iso, e tendo en conta o anterior, para os nenos de Infantil do Milladoiro que tiveran solicitado e sexan admitidos no servizo Nadal Lúdico 2022 habilitarase o colexio de Ventín en substitución da EEI Milladoiro. Por conseguinte, os lugares habilitados na meirande das urbes amesás para a celebración do Nadal lúdico 2022, tanto para os usuarios de Infantil como para os de Primaria, vai ser este CEP de Ventín. m.m.