O país das bandas traerá a Ateneo de Negreira o 26

Bandas de música populares
M. Manteiga
Unha actuación da banda Ateneo de Negreira que dirixe Raúl Martín Niñerola. Foto: CDN

A MAÍA. O ciclo O país das bandas chega a Ames este domingo 26 de setembro. E Ateneo Musical de Negreira será a encargada de amenizar a xornada festiva e de lecer, cunha actuación que terá lugar ás 13.00 horas na casa da cultura de Bertamiráns. A entrada será por orde de chegada ata completar aforo. Trátase dun programa promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Xunta co obxectivo de servir de motor para a recuperación da actividade destas formacións. Con tal fin, deseñouse un calendario de preto de cen concertos a cargo de 77 agrupacións, que percorrerán Galicia entre os meses de xullo e setembro no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22. E agora aterrará en Ames logo de percorrer uns 80 municipios galegos. Ateneo Musical de Negreira fundouse no ano 1998 por Vicente Martín Arastey. Arestora, a banda está formada por uns 40 músicos saídos todos eles da escola municipal. M.Manteiga