O Pazo da Peregrina e a Capela da Madalena, sen luz pola Hora do Planeta

Ahorro energético
M. Outeiro
Imaxe da travesía principal de O Milladoiro sen luz nos seus inmobles. Foto: Fernando Blanco

A Maía. O Concello de Ames responde á petición da ONG World Wildlife Fund (WWF), que cada ano solicita ás cidades e vilas de todo o mundo que apaguen as luces dos seus edificios máis emblemáticos durante unha hora. Deste xeito, Ames porá en off o alumeado do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o da Capela da Madalena, no Milladoiro, durante A Hora do Planeta, que se celebrará entre as 20.30 e as 21.30 horas deste sábado 26 de marzo. A Hora do Planeta busca nesta edición de 2022 mobilizar á cidadanía en favor da natureza, ata sumar de xeito virtual uns 40.000 quilómetros, que conforman o perímetro da Terra. Xa sexa andando, correndo, nadando, en patíns ou en bicicleta, as persoas que así o queiran poden engadir os seus quilómetros na páxina horadelplaneta.wwf.es, na que xa se sumaron máis de cinco voltas á Terra. M. O.