O pleno votará a presentación dun recurso diante do Supremo pola pista da Casalonga

Tribunal Supremo
O.D. Vilar
Concentración en el vial de Casalonga cuya expropiación pidió a su favor Toysal. Foto: Plataforma Casalonga

Teo. Teo celebra un pleno extraordinario que inclúe os festivos e a proposta de interposición de recurso de casación contra a sentenza do TSXG, de 8 de xullo de 2022, desestimatoria da apelación contra a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética pola que se realizaba a expropiación da pista da canteira. A sesión chegará este venres, ás 09.00 horas.

Hai que lembrar que a sentenza do mes de xullo desestimou o recurso do Concello contra a expropiación, e o pleno votara levar o recurso ao Supremo. Daquela, o rexedor asegurou que “temos que agradecerlla á Xunta de Galicia que decidiu realizar esta expropiación e facilitarlle as cousas á empresa”. Con todo, o Concello sempre deixou claro que a pista era importante, pero non determinante na problemática da canteira.

Agora, dende o executivo local están convencidos de que a Corporación “acordará previsiblemente a presentación” deste recurso. O.D. Vilar