O San Martiño alóngase do 5 ao 13 de novembro en Teo

Ferias
O.D. Vilar
Unha anterior edición da feira do San Martiño de Teo. Foto: Puri Sangiao

Teo. Volve o San Martiño á carballeira teense de Francos o 11 de novembro, cunha ampla programación festiva que arrincará bastante antes. Así, o sábado 5 de novembro haberá unhas xornadas formativas sobre a cría e o coidado da cabalaría, na carpa municipal en horario de mañá e tarde co colectivo Amigos do cabalo de Teo. Ás 21.00 horas, celebrarase o concerto de Treixadura de balde tamén na carballeira, o escenario central de toda a programación. O domingo 6, Feiriña, un evento pensado para as familias con obradoiros e paseos a cabalo (o lugar central da actividade será a carpa municipal, e ás 10.30 sairá un roteiro da Casa Común de Francos). O mércores 9 inaugúrase a exposición fotográfica Ollares do San Martiño, con imaxes dos artistas Óscar Corral, Noel Feans e Uma Lopes; o 12 haberá refeira, con concerto de Boyanka Kostova na carballeira (21.00 h., de balde). E o 13, magosto reivindicativo de tarde. ODV