O virtuosismo musical chega até Ames das mans de Anxo G. Piñeiro

O músico amesá de tan só 13 anos de idade compartirá escenario con Simona Kantcheva
Música
Pedro Brea
Anxo Gómez. Foto: C. Ames

O Milladoiro. Anxo Gómez Piñeiro, alumno do conservatorio histórico santiagués, é un prodixio do violín. Á súa corta idade, xa conta cun primeiro premio no Concurso Internacional de Instrumentos de Corda de Vigo sendo, xunto con outro compañeiro, Cibrán García, os únicos nenos galegos que tomaron parte no certame organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda en colaboración co Concello de Vigo.

O veciño de Ames cursa primero do grao profesional na especialidade de violín, baixo as ordes de Yulia Petrushevskaya, integrante e primer violín da Real Filharmonía de Galicia.

Este realizará un recital de piano o venres 13 de agosto, ás 20.00 horas, no auditorio da casa da cultura do Milladoiro. No concerto estará acompañado ao piano por Simona Kantcheva Velikova. A entrada é de balde ata completar aforo. A concellaría de Cultura colabora con este evento para dar apoio e difusión aos novos talentos do Concello de Ames cedéndolles o espazo necesario e facilitando a súa difusión ante o público galego. Pedro brea