Oitenta amesáns entraron na era da tecnoloxía dixital

alfabetización dixital
M.M.
Foto de familia dos alumnos coas autoridades e persoal do Concello de Ames. Foto: CDA

Ames. Vénse de clausurar no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns a segunda quenda de cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural, celebrado nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Celebráronse entre outubro e decembro, e acudiron preto de medio cento de persoas, que se suman a outros trinta veciños que xa participaran no mesmo programa nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído con anterioridade. As actividades pretendían reforzar os coñecementos adquiridos no primeiro módulo de alfabetización dixital, realizado en 2021, no que se impartiron nocións sobre temas relacionados coa xestión de arquivos, a ofimática, o tratamento de imaxes, o email, as redes sociais e o uso de dispositivos móbiles. O programa de alfabetización dixital no rural deu comezo en 2021 respondendo ás demandas veciñais. Estiveron no acto o rexedor, a edil de Cultura e a técnica. M. Manteiga