Os amesáns comezarán a percorrer o Xiro Grande dos Montes este sábado

Ruta
M. Outeiro
Entrada a Lavacolla dende Vilamaior, remate deste percorrido do Xiro Grande. Foto: GM

A Maía. A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, e dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza a primeira etapa do Xiro Grande dos Montes de Compostela, ruta que chegará este sábado, 5 de novembro. Percorreranse 13 quilómetros, partindo dende Santa Lucía ata chegar á Lavacolla, e os interesados poden inscribirse cubrindo o formulario da web ou enviando un correo ao email promociondasaude@concellodeames.gal ata este xoves, 3 de novembro, ás 14.00 horas. Haberá servizo de autobuses con saída dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9.45 horas, e dende a casa da cultura do Milladoiro ás 10.00 horas. Trátase dunha primeira etapa dun itinerario de 97 quilómetros divididos en treitos polos montes da capital galega, ao longo dos cales se pode desfrutar de vistas panorámicas da cidade, así como da súa contorna natural. Pasará por Marrociños, Aríns, Zaramacedo e Vilamaior. M.O.