Os Encontros coa Arte buscaron o abeiro noiés

Arte
M. Outeiro
Foto de familia dos participantes nos Encontros coa Arte do Concello de Brión. Foto: CDB

Brión. Os XV Encontros coa Arte do Concello de Brión reuniron a 24 pintores, fotógrafos, músicos e escritores de toda España na fin de semana para rendir unha emotiva homenaxe ao pintor José Otero Abeledo Laxeiro, nun foro que aplaudiu o alcalde Pablo Lago e tivo certame e mercado de obras.

Pero a choiva condicionou o desenvolvemento desta edición, ata o punto de cambiar toda a xornada do sábado, na que se desprazou as sesións de pintura natural ata Noia, buscando o amparo dos soportais da súa zona vella. Os participantes nesta edición foron Alba Roqueta, Antón Sobral, Beatriz Ansede, Camilo Seira, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, Frutos Casado de Lucas, Javier del Valle, José A. Regidor, José Galarzo, Laureano Vidal, Manuel Ayaso, Manuel Méndez, María Carmen Martínez, María Xesús Díaz, Paco Casal, Rafael Arroyo, Ricardo de Arce, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso. M.O.